Saltar ao contido

Praia de Carnota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Carnota
Imaxe
Tipopraia de area branca
praia de rochas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCarnota, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°49′44″N 9°06′21″O / 42.828897, -9.105949
Características
Dimensións90 (ancho) × 6.500 (lonxitude) m
Praia de Carnota

A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha gran variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigoso a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota - Monte Pindo catalogado como zona especial de conservación (ZEC) da Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo algunha sondaxes sitúana entre as tres mellores de Galicia.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Carnota, a praia galega máis recomendada no mundo". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 28 de setembro de 2008.